Mordy Ferber | SPJ Pontevedra

Concerto de Mordy Ferber & SPJ-Group en Pontevedra

sáb28mar21:00Concerto de Mordy Ferber & SPJ-Group en PontevedraCiclo Jazz no Principal21:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O sábado 28 de marzo o guitarrista norteamericano Mordy Ferber pechara o ciclo Jazz no Principal, cun concerto no que, como ben sendo habitual, estará acompañado dos novos valores do jazz galego.

Jazz no Principal é unha iniciativa creada polo Seminario Permanente de Jazz no ano 2004 coa finalidade de potenciar os novos valores do jazz galego. Este formato é un dos principais responsables da boa saúde que amosa o jazz no noso país.

O guitarrista e compositor neoiorquino Mordy Ferber é un exquisito músico de jazz cuxas composicións e actuacións trouxeron o jazz ao século XXI. Combina sen esforzo melodías complexas cunha guitarra e unha musicalidade abraiantes e, o máis importante, desenvolveu un son propio.

Nun libro recente do xornalista e historiador do jazz Scott Yanow, Mordy foi incluído na lista dos 350 mellores guitarristas de jazz de todos os tempos no libro “The Great Jazz Guitarists: The Ultimate Guide”.

Mordy Ferber actuou e gravou con artistas como Michael Brecker, Jack DeJohnette, Eddie Gomez, Peter Erskine, Bob Mintzer, Dave Liebman, George Garzone, Donny McCaslin, Billy Hart, Danny Gottlieb, Richard Bona, Miroslav Vitous, Jeff Berlin, Danny Gottlieb, Chester Thompson, Bob Moses, Richie Beirach, Jack Bruce, Will Lee, Larry Coryell, Adam Nussbaum e Billy Hart, Larry Graham, Bootsy Collins.

Mordy ten trinta e cinco anos de experiencia docente en institucións tan prestixiosas como a Universidade de Nova York, o Berklee College of Music de Boston, a New School University, o American Institute for Guitar e o Sam Ash Institute da cidade de Nova York.

Gravou 5 álbums como líder nos selos Enja, Half Note e CBS Europe Record. O saxofonista David Liebman describe as súas notas como “Mordy é un músico marabilloso que afonda na súa escritura e interpretación cun claro sentido de comunicación co oínte”. Ferber tamén recibiu eloxios do icónico batería Jack DeJohnett.

Mordy Ferber (guitarra), Carla Martínez (voz), Mateo Gil (piano), Paco Charlín (contrabaixo) e David Taboada (batería).

Entradas á venda en Ataquilla.com a un prezo de 3 euros e, de non esgotarse, tamén unha hora antes de cada concerto na billeteira do teatro.

Hora

(Sábado) 21:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!