Concerto de Repion en Vilagarcía

dom29mar12:30Concerto de Repion en Vilagarcía‘Achégate ao Salón!’12:30 Salón García - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

O Salón García acolle o domingo 29 de marzo, a actuación do grupo Repion, dentro da novena edición dos concertos matutinos ‘Achégate ao Salón!’, un dos eventos integrados baixo a marca VGA 365.

Teresa (batería e voz) e Mariña (guitarra e voz) son irmás e as integrantes deste poderoso dúo que, ademais de compoñer cancións marabillosas, destaca por ser un prodixio técnico vogal e instrumental.

O seu disco ‘201’ conecta a intensidade emocional e a enerxía coa súas orixes cántabras en temas de estilo pop-rock.

‘ACHÉGATE AO SALÓN!’

‘Achégate ao Salón!’ desenvolverase entre febreiro e abril no Salón García, cun concerto por mes. Todos eles a mediodía, ás 12:30 horas, e en domingo.

O ciclo deste ano abrirao a banda madrileña Merino, o 8 de febreiro; seguiralle o dúo feminino Repion, o 29 de marzo; e pecharano o 26 de abril Gala i Ovidio, o novo proxecto emprendido pola Tanxugueira Aida Tarrío co produtor Raül Refree.

Os abonos para asistir as tres actuacións estarán á venda en Ataquilla.com ata o 31 de xaneiro. O prezo do de adultos é de 25 euros, e o de menores de 16 anos e persoas desempregadas, de 15 euros. En todos os casos aplícanse os gastos de xestión.

De non esgotarse os abonos, a partir do 2 de febreiro poranse á venda as entradas individuais para cada un dos concertos, tamén a través de Ataquilla. Os billetes para adultos custarán 12 euros, e os de menores de 16 anos e desempregados, 6 euros, máis a taxa de xestión.

Hora

(Domingo) 12:30

Localización

Salón García

Rúa do Alcalde Rey Daviña, 36600 Vilagarcía de Arousa

Está pasando!