Concerto de SÉS en Pontevedra

sáb14mar20:00Concerto de SÉS en Pontevedra'Nadando na incerteza'20:00 Auditorio do Pazo da Cultura - Pontevedra

Detalles do Evento

SÉS presenta ao vivo o seu novo traballo, ‘Nadando na incerteza’, un traballo no que a canción sitúase no centro absoluto, sen sobreproducións nin artificios, nun exercicio de artesanía e autenticidade que reivindica a súa condición de cantora e facedora de cancións.

O disco, composto por 13 cancións orixinais, caracterízase pola tendencia á sinxeleza instrumental, as voces que respiran con peso e temas concibidos para sosterse por si mesmos, coa palabra e a melodía como eixos arredor dos que todo xira.

Elenco formado por SÉS (voz, guitarra e percusións), Sabela Galbán (acordeón, frauta, percusións e voz), Hirahi Afonso (timple canario e guitarra), Tito Calviño (guitarra) e Mayfer Pinto (percusións).

Entradas anticipadas á venda dende 19,80 euros en Ataquilla.com

Hora

(Sábado) 20:00

Localización

Auditorio do Pazo da Cultura

Rúa Alexandre Bóveda, s/n. 36005 Pontevedra

Está pasando!