Concerto de Treixadura en Cambados

xov31xul22:30Concerto de Treixadura en CambadosPROGRAMA '+MÚSICA' DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA22:30 Praza de Fefiñáns - Cambados

Detalles do Evento

A Deputación de Pontevedra leva este xoves 31 de xullo á Praza de Fefiñáns de Cambados, ao grupo de música tradicional galega Treixadura.

Concerto ao aire libre, con entrada de balde, enmarcado na nova edición de ‘+Música’, o programa provincial que colabora cos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para apoiar a súa programación cultural e, con isto, difundir e fomentar a lingua e a cultura galegas.

Treixadura constitúe dende 1990, un espectáculo musical sorprendente. A música tradicional observada desde dúas concepcións ben arraigadas: o canto e a gaita.

Un tempo no que o grupo foi modelando o seu camiño transformando o estilo, sen renunciar ao seu son característico. Fieis ao compromiso co seu público, tentando elevar a música tradicional ao máximo nivel.

Ao longo da súa traxectoria son moitas as melodías que rescataron do anonimato e outras tantas creadas para que a cadea de transmisión da música tradicional continúe viva.

Un xeito de facer cunha personalidade moi característica, de enlazar a raíz musical da nosa cultura co xeito de entender hoxe a música tradicional.

32 anos de gravacións e concertos 8 discos no mercado, unha variada gama de colaboracións discográficas e vida en común, compartindo co público o poder e a forza evocadora, máxica e reconfortante do canto colectivo.

Hora

(Xoves) 22:30

Localización

Praza de Fefiñáns

Fefiñáns, 36630 Cambados

Está pasando!