Concerto de Treixadura en Xeve

sáb02ago22:00Concerto de Treixadura en Xevefestixeve 202522:00 Praza de Fefiñáns - Cambados

Detalles do Evento

O Campo de Vilar de Fragoso, en Santo André de Xeve, acolle o sábado 2 de agosto, o concerto do grupo de música tradicional galega Treixadura, dentro da programación do Festixeve 2025.

Concerto ao aire libre, con entrada de balde.

Treixadura constitúe dende 1990, un espectáculo musical sorprendente. A música tradicional observada desde dúas concepcións ben arraigadas: o canto e a gaita.

Un tempo no que o grupo foi modelando o seu camiño transformando o estilo, sen renunciar ao seu son característico. Fieis ao compromiso co seu público, tentando elevar a música tradicional ao máximo nivel.

Ao longo da súa traxectoria son moitas as melodías que rescataron do anonimato e outras tantas creadas para que a cadea de transmisión da música tradicional continúe viva.

Un xeito de facer cunha personalidade moi característica, de enlazar a raíz musical da nosa cultura co xeito de entender hoxe a música tradicional.

32 anos de gravacións e concertos 8 discos no mercado, unha variada gama de colaboracións discográficas e vida en común, compartindo co público o poder e a forza evocadora, máxica e reconfortante do canto colectivo.

Hora

(Sábado) 22:00

Localización

Praza de Fefiñáns

Fefiñáns, 36630 Cambados

Está pasando!