Concerto de UB40 en Vigo

ven15ago22:30Concerto de UB40 en VigoVIGO EN FESTAS 202522:30 Auditorio do Parque de Castrelos - Vigo

Detalles do Evento

UB40 actuará no Auditorio de Castrelos de Vigo o venres 15 de agosto como parte dos concertos ao aire libre do Vigo en Festas 2025.

En 1978, un grupo de oito amigos formou a banda de reggae UB40, baseándose para o seu nome no Unemployment Benefit, o documento co que se solicita a axuda para os desempregados en Inglaterra.

Convertéronse nunha das bandas máis famosas dos 80 e os 90. Chegaron a vender 70 millóns de discos e consolidáronse como un dos mellores grupos do xénero. Dende 2008, Ali Campbell, a inconfundible voz que impulsou o UB40 orixinal, lidera esta nova etapa da banda coa que segue levando o reggae aos escenarios de todo o mundo.

As súas actuacións mesturan éxitos icónicos como ‘Red Red Wine’, ‘Kingston Town’ ou ‘I Can’t Falling in Love with You’, con novas composicións.

Apertura de portas ás 20:00 horas.

Entradas á venda e máis información en vigoenfestas.cliqueo.es

Hora

(Venres) 22:30

Localización

Auditorio do Parque de Castrelos

Está pasando!