Cuarteto Nel Cuore

Concerto do Cuarteto Nel Cuore en Pontevedra

lun13out20:30Concerto do Cuarteto Nel Cuore en PontevedraSociedad Filarmónica de Pontevedra20:30 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O luns 13 de outubro, o cuarteto de corda Nel Cuore, con Juan Barahona ao piano, abrirá a Tempada 2025-2026 da Sociedad Filarmónica de Pontevedra cun concerto no Teatro Principal, no que interpretarán obras de Schumann e Brahms.

O Cuarteto Nel Cuore é Cuarteto Residente da Real Academia de Belas Artes de San Carlos de Valencia.

Emiliano Pérez e Júlia Romero (violíns), Paula Hervás (viola) e Samuel Costela (violoncelo).

SCHUMANN

Quinteto para piano e cuarteto de corda na Mi bemol maior, op. 44

BRAHMS

Quinteto para piano e cuarteto de corda en Fa menor, op. 34

A nova tempada da Sociedad Filarmónica de Pontevedra inclúe máis dunha ducia de concertos que se celebrarán no Teatro Principal, Auditorio Sede Afundación e Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra, entre outubro de 2025 e xuño de 2026.

Cotas: Adultos (12 euros/mes). Xuvenís (6 euros/mes). Para darte de alta como socio, podes facelo os días de concerto ou na web filarmonica.org

Esta programación poderá estar suxeita a variacións. Neste caso, a Xunta Directiva da Sociedade trataría de avisar con suficiente antelación aos socios.

Hora

(Luns) 20:30

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!