Concerto 'Percorrendo Castelao' en Pontevedra

sáb22nov19:00Concerto 'Percorrendo Castelao' en PontevedraUnha homenaxe musical á figura de Castelao19:00 Edificio Castelao. Museo de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

A formación de música clásica e contemporánea Lucus Ensemble ofrece este sábado 22 de novembro, ás 19:00 horas no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra, o concerto ‘Percorrendo Castelao’.

Trátase dunha actuación cun repertorio co que homenaxean ao intelectual galeguista. Esta actividade forma parte da programación do Ano Castelao desenvolvida pola Deputación no Museo de Pontevedra.

Trece músicos procedentes dos ámbitos do jazz e da música clásica forman este conxunto de música de cámara con repertorio propio. A formación inclúe violín, violoncello, contrabaixo, piano, percusión, frauta, fagot, dous clarinetes, saxofón, gaita e dúas voces.

‘Percorrendo Castelao’ articúlase como un percorrido musical que segue o itinerario vital de Alfonso D. Rodríguez Castelao. Iníciase e remata en Galicia, e polo camiño lévanos á Bretaña francesa, Barcelona, Nova York ou Montevideo.

A música está complementada por narracións da súa biografía e proxeccións.

Hora

(Sábado) 19:00

Localización

Edificio Castelao. Museo de Pontevedra

Rúa Padre Amoedo Carballo, 3. 36002 Pontevedra

Está pasando!