Concerto 'Souvenirs da corte Sterhazy: un instrumento para un príncipe' en Vigo

sáb26abr20:00Concerto 'Souvenirs da corte Sterhazy: un instrumento para un príncipe' en Vigo 20º Aniversario da Orquestra Vigo 43020:00 Salón Regio A Sede RC Celta - Vigo

Detalles do Evento

O sábado 26 de abril ás 20:00 horas, no Salón Regio A Sede RC Celta, Maddalena del Gobbo (Baryton) + Ensemble Vigo 430 ofrecerán un concerto que leva por título ‘Souvenirs da corte Sterhazy: un instrumento para un príncipe’, dentro da programación do 20º aniversario da Orquestra Vigo 430.

Haydn, Lidl e Tomasini: Tríos para baryton, viola e violonchelo.

Este programa presenta unha rara xoia do repertorio de música de cámara. Os tríos de Haydn para baryton, viola e violoncello son exemplos únicos da súa produción, escritos para o príncipe Nikolaus Esterházy, quen tocaba o baryton.

Este era un instrumento de son fermoso e encantador que constaba de seis cordas de tripa destinadas a ser tocadas co arco, nove ou máis cordas simpáticas (resonantes) de metal, unha cabeza tallada na parte superior do mástil e unha delicada ornamentación.

Estas pezas amosan a habilidade de Haydn para escribir música de cámara íntima e expresiva, e son unha mostra fascinante da súa versatilidade como compositor.

Un programa que constitue unha oportunidade única para os oíntes de experimentar un lado menos coñecido do repertorio de Haydn con un instrumento que fai pouco perdérase na noite dos tempos e que artistas tan autorizados como Maddalena del Gobbo recuperaron para poder disfrútalos de novo.

Maddalena gravou as obras de este programa para Deutsche Grammophon, na mesma sala do palacio Esterházy na que foron interpretadas por vez primeira.

Entradas anticipadas á venda dende 10 euros (máis gastos de xestión) en ticketrona.com



20º ANIVERSARIO DA ORQUESTRA VIGO 430

A Orquestra Vigo 430 cumpre máis de 20 anos converténdose nun dos principais referentes no panorama da música clásica galega e española. Iniciada como unha pequena orquestra de corda baixo o nome de Ensemble Vigo 430, a agrupación evolucionou significativamente, consolidándose como un proxecto versátil e de prestixio.

Co apoio constante do Concello de Vigo, a Orquestra Vigo 430 logrou consolidarse como un proxecto musical moderno e diferenciador, atraendo músicos e solistas de renome internacional e ofrecendo unha programación innovadora e de calidade.

Ao longo deste traxecto, a Orquestra Vigo 430 converteuse nunha peza fundamental da escena musical de Vigo e Galicia, sendo convidada a formar parte como membro adherido da Asociación de Orquestras Sinfónicas Españolas (AEOS).

Ademais, a súa colaboración continua desde 2013 con “Amigos da Ópera de Vigo” permitiulle interpretar as óperas máis soadas do repertorio, recibindo excelentes críticas en revistas nacionais e internacionais.

A excelencia da orquestra foi recoñecida co premio Martín Códax da Música de Galicia en 2014 e o seu recente nomeamento aos premios da crítica de Galicia en 2023.



A Orquestra Vigo 430 mantén unha estrutura flexible, adaptándose a diversas formacións, desde cuartetos de corda, pasando pola orquestra barroca ata a gran orquestra sinfónica, o que lle permite ofrecer unha programación variada e de altísima calidade musical, baseándose na calidade dos músicos locais xunto coa achega e cosmopolitismo que lle achega a colaboración de excelentes músicos de diversas nacionalidades.

Para celebrar o seu 20 aniversario, a orquestra presenta unha programación que é, con diferenza, a máis ambiciosa en canto a calidade de todos estes anos.

A tempada 2025 é unha mostra da traxectoria e da vocación da Orquestra Vigo 430 de achegar a música clásica a todas as audiencias, con programacións atractivas de alta calidade e contidos interdisciplinares, coas que a orquestra segue reafirmando o seu compromiso coa cultura e a excelencia musical en Galicia.

Hora

(Sábado) 20:00

Localización

Salón Regio A Sede RC Celta

Rúa do Príncipe, 44, Santiago de Vigo 36202 Vigo, Pontevedra

Está pasando!