O dúo pontevedrés Cora actuará o sábado 27 no ciclo Concertos Feroz

Concertos Feroz en Pontevedra

sáb27xul13:00Concertos Feroz en Pontevedra27 e 28 de xullo de 202413:00 Cidade de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O concelleiro de Cultura, Demetrio Gómez, presentou o pasado martes, 23 de xullo, o ciclo Concertos Feroz que terán lugar o sábado 27 e domingo 28 e que, enmarcados dentro da programación estival son “unha proposta que sae do sector pontevedrés, que quería participar do ambiente que hai na cidade ao redor dos premios que se van celebrar aquí en xaneiro.

Logo se sentarnos con eles chegamos a esta proposta na que 10 artistas, bandas, solistas, etc. darán 10 concertos diferentes con 10 estilos diferenciados en 7 prazas de Pontevedra.

Un festival que só se pode facer nunha cidade como Pontevedra. Dubido moito que haxa outra cidade en toda Galicia e o Estado que poida paralizar a actividade en 7 prazas ao mesmo tempo para dar estes concertos, incluso que esta variedade de estilos e de bandas se presten, colaboren e se organicen para termos un festival coma este durante unha fin de semana.



Estas bandas van modificar os seus repertorios habituais para incluír neles música de películas e dese xeito homenaxear aos Premios Feroz. Quero salientar tamén que a organización dos Feroz e moi celosa da súa marca e para podérmola utilizar tivemos que pedirlles permisos. Mostráronse encantadas e encantados desde o minuto cero con esta proposta e están encantados de que Pontevedra celebre así durante as festas, os Premios Feroz.”

SÁBADO 27

  • CONTO NAS VERZAS, contos musicalizados onde 3 artistas poñen en valor historias que unha persoa relata, outra canta e a outra musicaliza. Fará versións de Disney coma ‘O libro de la selva’ e ‘Pocahontas’.
  • ZELTIA IREVIRE, música folk-pop, temas propios e versionaran Falling slowly da película ‘Once’.
  • FUTURO ALCALDE, artista de Santiago, pero cunha relación moi directa por estudos con Pontevedra. Dentro da nova xornada de artistas galegos e seleccionados na aceleradora da fundación Paideia, ritmos dance, electrónicos con mesturas pop.
  • CORA, a cantautora pontevedresa, agora co formato dúo, voz e piano ou voz e acústica, repasará parte da súa discografía, máis pop, fará versión de ‘Suspiros de España’ (Soldados de Salamina) e ‘Volver’ (Volver).
  • VISI, dous músicos polivalentes, irmáns, xemelgos que poden tocar calqueira instrumento, ritmos dance, tropicales e rock.

DOMINGO 28

  • HELENA HEGEA, a bluseira de Pontevedra, virá acompañada de toda a banda, e versionará ‘Love Theme’: Banda sonora de ‘O Padriño’ e ‘Son of a preacher man’ (Pulp Fiction) e ‘Negra sombra’ (Mar Adentro).
  • A BANDA SENLLEIRA DE ROBACALLOS, esta banda de rock-pop, que vén de presentar o seu primeiro EP, con toques de rock, pasando polo bravo e rematando con pop.
  • DALSI, volta o verdadeiro pop dos 80, con estas rapazas recordaremos parte do pop dos 80 e 90 e con versións do cine do século XXI como ‘Me voy’ de Camino a Marte (2017) ou ‘Rosas’ de El sueño de mi vida (2004).
  • FLIP CORALE & ANTONIO CAFRE, a xa recoñecida banda pontevedresa Flip Corale con Arturo Delgado o mando, acompañado do músico pontevedrés, Antonio Cafre de LOS CAFRES, farán varias versións, temas propios e duetos coma ‘Por qué te vas?’ de Jeanette, incluída en la película de Saura ‘Cría Cuervos’ ou ‘Algún día caeré’ de Los Cafres, incluída na serie Fariña.
  • ODIOSOS 5, a banda de blues, rock, volta un ano maís coas súas versións, onde a historia do rock e o cine está moi presente nos seus concertos.

Hora

(Sábado) 13:00

Localización

Cidade de Pontevedra

Está pasando!