Concurso Pontedetapas e Pontedecóctel 2025

mér05novConsultardom23novConcurso Pontedetapas e Pontedecóctel 2025Do 5 ao 23 de novembro de 2025(Consultar) Cidade de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O Concello de Pontevedra, a través da Área de Promoción Económica, abriu o prazo de inscrición para que os establecementos hostaleiros da cidade participen nunha nova edición do concurso gastronómico Pontedetapas, que transcorrerá entre o mércores 5 e o domingo 23 de novembro.

O certame ten como obxectivo reforzar a marca da cidade e dinamizar tanto o comercio local como o sector da restauración.

Os bares e restaurantes poderán presentar unha creación para cada unha das tres modalidades existentes: mellor tapa tradicional, mellor tapa creativa e mellor cóctel.

Premiarase a utilización de produto de calidade e típico da gastronomía galega. En concreto, a mellor tapa tradicional dará prioridade a aquelas propostas inspiradas en receitas tradicionais da cociña de noso, mentres ca a mellor tapa creativa valorará a orixinalidade na presentación, nos sabores e na elaboración da mesma. Por último, a modalidade cóctel premiará a mellor proposta de bebida.

Ademais, de entre todas as tapas e bebidas, o público escollerá mediante votación popular a Tapa Pontevedra que representará á cidade no certame De tapas por Galicia, promovido por Turismo de Galicia, para seleccionar o mellor petisco do país entre os establecementos gañadores das sete cidades.

Pontedetapas está aberto a todos os locais de hostalaría da Boa Vila que desexen sumarse á iniciativa, cunha cota de inscrición de 60 euros por local.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 6 de outubro e as bases e máis o formulario están dispoñibles nas páxinas pontedetapas.com e visit-pontevedra.com.

Hora

novembro 5 (Mércores) - 23 (Domingo)

Localización

Cidade de Pontevedra

Está pasando!