Contacontos ‘Cantareiras, poesía popular nas Letras Galegas’ en Meaño

xov17xul10:30Contacontos ‘Cantareiras, poesía popular nas Letras Galegas’ en MeañoDeputación de Pontevedra e Polo Correo do Vento10:30 Concello de Meaño - Meaño

Detalles do Evento

Deputación de Pontevedra leva este xoves, 17 de xullo, ata Meaño a xeira de contacontos ‘Cantareiras, poesía popular nas Letras Galegas’ organizada en colaboración coa compañía Polo Correo do Vento co gallo das Letras Galegas.

A actividade terá lugar ás 10:30 horas no CEIP Coirón-Dena de Meaño e ás 12:00 horas na Piscina municipal de Ribadumia, e continuará ao longo do mes ata completar as 35 citas programadas destes obradoiros nos concellos da provincia.

Con esta actividade, a Deputación ten por obxectivo divulgar entre a infancia o papel fundamental das cantareiras para a conservación e difusión da lingua galega.

Deste xeito, os obradoiros percorren a biografía destas mulleres (personificadas nalgunhas figuras como as de Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema e mais Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes das Pandeireteiras de Mens, de Malpica) dun xeito ameno e participativo.

Durante a actividade tamén se interpretarán as pezas que cantaban estas mulleres, ademais de pezas propias de cada unha das localidades onde se desenvolvan as accións, e concluirá cun obradoiro de debuxo no que os nenos e nenas terán que realizar unha caricatura dunha pandeireteira.

Despois de visitar Meaño e Ribadumia este xoves e tralo seu paso este mércores por Cambados tras percorrer O Rosal, Oia, Cuntis, O Grove, O Porriño, Gondomar, Vila de Cruces, Barro, Bueu, Vilanova de Arousa, Pazos de Borbén, Mondariz, Moaña, Cerdedo-Cotobade, As Neves, Tomiño, Catoira, Poio, Redondela, Mos, Salvaterra de Miño, Ponteareas, Portas e Vilagarcía de Arousa, “Cantareiras, poesía popular nas Letras Galegas” chegará neste mes de xullo ata Pontecesures, Vilaboa, Moraña, A Lama, Ponte Caldelas, Cangas, Soutomaior e Mondariz-Balneario.

Hora

(Xoves) 10:30

Localización

Concello de Meaño

Está pasando!