Curso de Autoestima para Mulleres en Bueu

mér05mar(mar 5)10:00mér26mar(mar 26)12:00Curso de Autoestima para Mulleres en BueuCentro de Información ás Mulleres de Bueu 10:00 - 12:00 (26) Concello de Bueu - Bueu

Detalles do Evento

O Centro de Información ás Mulleres de Bueu organiza un novo taller para reforzar a autoestima das mulleres, co que se pretenden ofrecer ferramentas para que poidan exercer unha vida plena e valorar as propias capacidades.

O curso desenvolverase os días 5, 12, 19 e 26 de marzo de 2025, e as inscricións deben facerse de balde a través do teléfono 986 324 395 ou no enderezo electrónico [email protected].



O taller estará impartido por Beatriz Monroy, psicóloga do CIM, e nel abordaranse cuestión como a definición da autoestima e a súa construción, exercicios para a confianza persoal, técnicas para descubrir os recursos persoais e afrontar os pensamentos negativos, así como a creación dun discurso sobre a propia valoración persoal.

O obxectivo é que as participantes poidan modificar as súas debilidades e mellorar as súas fortalezas para lograr avances na súa vida persoal e profesional.

Hora

5 (Mércores) 10:00 - 26 (Mércores) 12:00

Localización

Concello de Bueu

Está pasando!