Cursos da Aula CeMIT de Poio en abril

mér15abrConsultarxov30abrCursos da Aula CeMIT de Poio en abrilCentros para a modernización e Inclusión Tecnolóxica(Consultar) Aula Cemit de Poio - Poio

Detalles do Evento

A Aula Cemit de Poio xa ten abertas as inscricións para participar nos cursos organizados na segunda quincena de abril, con propostas para exercitar a memoria, preparación para obter o certificado de competencias dixitais, edición de imaxes, presentacións e proba de cursos EMA.

Todas as actividades son gratuítas, e as inscricións para participar xa están abertas a través da páxina web cemit.xunta.gal, no correo cemit.poio@xunta.gal ou na propia aula situada en Combarro.

Ademais, calquera usuario que o desexe pode facer uso do equipamento e da conexión á Internet da aula a través da Aula Aberta, sempre con cita previa e en horario de luns a venres, entre as 19.30 e as 21.00 horas.

As asociacións e colectivos locais teñen tamén a opción de poder reservar a utilización dos ordenadores para a realización de actividades.

CURSOS E HORARIOS

‘Exercita a túa memoria’ desenvólvese os luns 13, 20 e 27 de abril, en horario de 16.30 a 18.00 horas. Os usuarios estimularán a súa mente e mellorarán a súa axilidade e capacidade de memoria a través de exercicios de coordinación vista-man, da motricidade fina mediante puzzles, debuxos e de actividades de lóxica.

Os martes e xoves de abril celebrarase o curso ‘Alfabeticiación dixital: Iniciación á informática’, de 16.30 a 18.00 horas, e permitirá aos participantes obter os coñecementos básicos para manexar un ordenador.

Os mércores e venres, 15, 17, 22 e 24 programarase o curso ‘Preparación para a obtención do certificado de competencias dixitais COMDIX’, no que se tratarán as cuestións e dúbidas máis habituais á hora de presentarse ao exame oficial do certificado COMDIX.

‘Edición de imaxes con Gimp’ celebrarase do luns 13 ao venres 17 de abril, en horario de 18.00 a 19.30 horas. A edición de imaxes é unha das moitas posibilidades que brinda a informática para crear composicións e transmitir de forma máis visual as ideas e mensaxes.

Do 20 o 24 de abril organizarase ‘Presentación con LibreOffice Impress’, un curso no que explicarán como crear sinxelas presentacións interactivas e dinámicas para captar a atención do público e amosar rapidamente os puntos principais durante unha exposición. O horario será de 18.00 a 19.30 horas.

A maiores destes cursos, tamén se reserva unha sesión para realizar a proba de aproveitamento dos cursos online EMA, que será o venres 27 de abril, de 18.00 a 20.00 horas e que permitirá obter o diploma dos cursos realizados na plataforma de teleformación da Aula Cemit.

Hora

abril 15 (Mércores) - 30 (Xoves)

Localización

Aula Cemit de Poio

Carreiro do Campo, 17 Combarro 36993 Poio

Está pasando!