Tai Chi en Redondela | © Concello de Redondela

Cursos de Tai Chi en Redondela

xov10outConsultarmar31decCursos de Tai Chi en RedondelaA partir do 10 de outubro de 2024(Consultar) Concello de Redondela - Redondela

Detalles do Evento

A concellería de Maiores do Concello de Redondela pon en marcha un ano máis os cursos de Tai Chi tanto e Redondela como nas parroquias. O prazo de inscrición para estes cursos está aberto do 16 ao 25 de setembro nos rexistros habilitados do Concello.

As clases son de balde, e comezarán o 10 de outubro. Impartiranse en Redondela, Chapela, O Viso, Reboreda, Ventosela, Quintela, Cabeiro e como novidade tamén nas parroquias de Saxamonde, Cesantes e Santo Estevo de Negros.

Esta práctica deportiva, de movementos lentos e pausados, axudan a mellorar a forza muscular ademais aliviar as dores de persoas que padezan doenzas crónicas como a artrite.

A práctica do tai chi realizase de pé. Os brazos úsanse para realizar movementos que van desde simples a complexos e nos que se traballan as articulacións, o que as fortalece, osixena e tonifica. Ademais os seus movementos melloran e fortalecen os sistemas cardiovascular e respiratorio. Tamén axudan a diminuír a frecuencia cardíaca e melloran a circulación.

Está demostrado que a práctica desta arte milenaria, mellora a memoria e os niveis de hipertensión arterial.

Hora

Outubro 10 (Xoves) - Decembro 31 (Martes)

Localización

Concello de Redondela

Está pasando!