This is a repeating event

'Curva España' de Chevere en Vigo

dom15out20:00'Curva España' de Chevere en VigoIV FESTIVAL COMEDIÁRTIKO20:00 Sala Ártika - Vigo

Detalles do Evento

O sábado 14 e domingo 15 de outubro ás 20:00 horas, Chevere presenta ‘Curva España’ dentro do IV FESTIVAL COMEDIÁRTIKO que acolle a Sala Ártika.

Sinopse:

Unha peza que ironiza sobre o xénero documental combinando teatro e cine en directo. Unha alegoría sobre España que se serve dun relato local que se foi transmitindo oralmente de xeración en xeración entre a xente da comarca de Verín (Ourense), para confrontar a realidade coa ficción, a historia coa lenda.  ‘Curva España’ trata sobre un crime aparentemente sen resolver, unha morte violenta que provoca sospeitas e interrogantes sobre as súas causas, motivacións e consecuencias.

‘Curva España’ é a historia dunha investigación sobre un suceso do pasado e sobre as súas implicacións no presente. Un suceso real que tivo un impacto directo limitado a unha pequena comunidade da Galiza interior, pero no que se desvela o xeito no que se vertebrou o estado liberal español durante os séculos XIX e XX, en paralelo á construción do ferrocarril.

  • Data: Sábado 14 e domingo 15 de outubro
  • Hora: 20:00 horas
  • Duración: 90 min
  • Idade recomendada: +13 anos
  • Prezo: As entradas teñen un prezo de 14 euros (billeteira) ou 10 euros + gastos de xestión (anticipadas)



Hora

(Domingo) 20:00

Localización

Sala Ártika

Avda. de Beiramar, 113 36208 Vigo

Está pasando!