Exposición 'Da idea ao cómic'

xov22maiConsultardom01xuñExposición 'Da idea ao cómic'BDRA GRÁFICA, FESTIVAL DE BANDA DESEÑADA DE PONTEVEDRA(Consultar) Praza da Ferraría - Pontevedra

Detalles do Evento

Os autores convidados ao festival de banda deseñada BDra Gráfica amosan, nunha exposición ao aire libre, paso a paso os seus métodos persoais de traballo. Unha oportunidade para descubir as distintas maneiras de facer unha BD explicadas paso a paso polos seus creadores.

En BDra GRÁFICA queren que a bd esté ao alcance de todo o mundo, por iso todas as súas exposicións son gratuítas, e algunhas como esta situada na propia Praza da Ferraría, poderá ser visitada do 22 de maio ao 1 de xuño, a calquera hora do día.

III BDRA GRÁFICA, FESTIVAL DE BANDA DESEÑADA DE PONTEVEDRA

BDra Gráfica, festival de banda deseñada do Concello de Pontevedra, naceu o 18 de marzo (día do cómic) do 2023 baixo a dirección de Kiko da Silva. Tras unha exitosa primeira edición, decidiuse facer crecer o festival e sacalo ás rúas da cidade do Lérez.

O obxectivo de BDra Gráfica, é achegar á cidadanía a grande variedade de obras creadas polos autores/as da 9ª Arte.

O protagonismo será para os creadores/as, pero tamén para outras partes fundamentais do sector da BD, como son as librarías, que contarán cunha gran carpa de 30 metros na Praza da Ferraría, onde tamén se contará cunha ampla presenza de editoriais especializadas que darán a coñecer aos lectores as súas novidades.

Todo aderezado con exposicións dos autores/as, proxeccións de cinema, conferencias, sesións de sinaturas e Xornadas Profesionais de BD, do 22 ao 25 de maio en Pontevedra.

Hora

Maio 22 (Xoves) - Xuño 1 (Domingo)

Localización

Praza da Ferraría

Praza da Ferraría, Pontevedra

Está pasando!