'Depo Ruta BTT' en Forcarei

dom18setConsultar'Depo Ruta BTT' en ForcareiDeputación de Pontevedra(Consultar: domingo) Concello de Forcarei - Forcarei

Detalles do Evento

A Deputación de Pontevedra mantén aberto o prazo de inscrición para todas as persoas interesadas que desexen participar na última ‘Depo Ruta BTT’ prevista para o 18 de setembro no concello de Forcarei.

Esta actividade está incluída no programa ‘Depoactívate’ co que a Deputación quere fomentar os hábitos saudables a través da práctica de actividade física e deportiva en contacto coa natureza.

A institución provincial ofrece un total de 200 prazas para esta ruta na que as persoas interesadas en participar poden inscribirse cun formulario xa dispoñible na web provincial www.depo.gal.

Esta ‘Depo Ruta BTT’ transcorrerá polo concello de Forcarei, visitando lugares emblemáticos da Serra do Candán como o Alto do Candán, o Alto do Coco ou as Neveiras de Fixó. Tratarase dunha ruta circular que terá como punto de saída e chegada a Casa da Escola de Fixó.

A Ruta ten unha percorrido de 30 quilómetros e un desnivel de 950 metros, polo que se considera de dificultade media-alta.


As ‘Depo Rutas BTT’ ofrecen percorridos en bici polos montes da provincia de Pontevedra, que esconden unha riqueza natural, ecolóxica e patrimonial inigualable.

O programa está dirixido ás persoas que gocen do deporte en contacto coa natureza; as ‘Depo_Rutas BTT’ abren a posibilidade de viaxar doutra maneira nunha aposta pola actividade física como forma de vida para coñecer e descubrir a variedade patrimonial da nosa provincia.

As ‘Depo_Rutas BTT’ están dirixidas a persoas, grupos de amigas e amigos ou familias, maiores de 16 anos, que se consideren aptas para levar a cabo a actividade. As e os menores de idade deberán ir acompañados dunha persoa representante ou titora legal; no caso de familias con varias fillas ou fillos abondará cunha persoa representante ou titora legal por familia.

As rutas serán neutralizadas, estarán sinalizadas e deberanse seguir o itinerario e o ritmo marcados pola organización. Será rigorosamente obrigatorio o uso de casco protector durante todo o percorrido. O feito de non respectar esta norma suporá a exclusión da ruta.

Hora

Consultar (Domingo)

Localización

Concello de Forcarei

Está pasando!