Día de Rosalía de Castro en Pontevedra

lun23feb19:00Día de Rosalía de Castro en Pontevedralectura pública de textos19:00 Fundación Manuel Moldes - Pontevedra

Detalles do Evento

Para celebrar o Día de Rosalía de Castro o Concello de Pontevedra organiza unha lectura pública de textos de ‘Cantares gallegos’ e ‘Follas novas’, o luns 23 de febreiro ás 19:00 horas na Fundación Manuel Moldes.

O acto, aberto á cidadanía, contará coa lectura do manifesto da AELG da man de Alicia Fernández Rodríguez, que este ano redactou Eva Veiga a partir do lema escollido pola RAG para este 2026: ‘Mais eles tamén perdidos’, un verso de ‘Follas novas’.

Participará tamén no acto un quinteto formado por docentes do CMUS Manuel Quiroga que interpretará a suite de Gaos.

A ambientación correrá a cargo de ALTAR e o diseño do cartel é obra da ilustradora Belén Diz.

O Concello fai un chamamento a pontevedreses e pontevedresas a acudir ao evento e participar de xeito activo da lectura, escollendo a través do formulario dispoñible en apuntate.pontevedra.gal, un fragmento da obra da poeta.

Hora

(Luns) 19:00

Localización

Fundación Manuel Moldes

Benito Corbal, 47 (Entrada Javier Puig Llamas, 3) 36001 Pontevedra

Está pasando!