Museo da Ciencia do Viño | © Concello de Salvaterra de Miño

Día Mundial do Enoturismo en Salvaterra

dom10nov11:00dom19:00Día Mundial do Enoturismo en SalvaterraXornada de portas abertas no Museo da Ciencia do Viño11:00 - 19:00 Museo da Ciencia do Viño - Salvaterra de Miño

Detalles do Evento

O vindeiro domingo 10 de novembro celébrase o Día Mundial do Enoturismo e con motivo de tal celebración o Concello de Salvaterra de Miño quere promover un dos seus maiores expoñentes cunha xornada de portas abertas no Museo da Ciencia do Viño.

Todas aquelas persoas que queiran visitar o museo poderán facelo de forma gratuíta previa inscrición. Por grupos os visitantes descubrirán o Museo da Ciencia do Viño, un dos maiores espazos de divulgación da viticultura e enoloxía de España. Un museo altamente interactivo, didáctico, idóneo para o desfrute de toda a familia.

O horario de visita será de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 19:00 horas e para inscribirse é preciso porse en contacto co museo ben por correo museocienciavino@concellodesalvaterra.org ou ben no teléfono 617 148 866. As prazas son limitadas.


Hora

(Domingo) 11:00 - 19:00

Localización

Museo da Ciencia do Viño

Praza do Castelo, 4, 36450 Salvaterra de Miño, Pontevedra

Está pasando!