+dMANÁ - Tributo a Maná en Vigo

sáb24xan20:30+dMANÁ - Tributo a Maná en Vigo '¿Dónde jugarán los niños?'20:30 Teatro Afundación - Vigo

Detalles do Evento

+dMANÁ, a veterana banda tributo recoñecida por Maná en Europa, regresa aos escenarios tras o éxito de ‘Energía Positiva Tour’ para presentar a súa nova produción: ‘¿Dónde jugarán los niños?’

O novo show, que colle o nome do mítico disco de Maná, propón unha viaxe no tempo para revivir os grandes himnos dos reis de rock latino navegando entre o amor, o desamor, a preocupación polo medioambiente e a enerxía positiva característica de Fher Olvera e a súa banda.

A banda tributo, que namorou aos mismísimos Maná cos seus directos, é a única a nivel europeo que contou coa colaboración estelar de músicos orixinais da banda mexicana, como Sergio Vallín (guitarrista de Maná) e Héctor Quintana (percusionista e 2ª voz de Maná), dando boa fe da gran posta en escena de +dMANÁ.

Se te emocionas con cancións como ‘Vivir sin aire’, ‘Corazón espinado’, ‘Clavado en un bar’ ou ‘Rayando el Sol’ non te perdas o espectáculo que avalaron todos os clubs de fans de Maná en España e Italia.

Entradas anticipadas á venda dende 29,70 euros en Ataquilla.com

Hora

(Sábado) 20:30

Localización

Teatro Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo

Está pasando!