‘Molto Barroco’ | Píscore

Domingos do Principal 2025 - 'Molto Barroco'

dom09nov12:00Domingos do Principal 2025 - 'Molto Barroco'TEATRO PARA TODA A FAMILIA12:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O domingo 9 de novembro, dentro do ciclo de teatro para toda a familia Domingos do Principal, Píscore porá en escena a obra ‘Molto Marroco’, unha reivindicación das composicións musicais barrocas desde o teatro.

Con motivo do baile de petición de man da súa prometida, o rei encarga ao compositor da corte unha peza orixinal. Esta solicitude desencadea unha serie de escenas cómicas entre os tres músicos de cámara, o rei, a súa prometida e, se cadra, futura raíña e o compositor.

Un triángulo amoroso que contará coa complicidade dun bufón de actitude irreverente.

Espectáculo seleccionado para o certame Barroco Infantil do Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro 2024

Comedia musical

Duración: 70 minutos

Recomendado partir de 5 anos.

DOMINGOS DO PRINCIPAL 2025

As representacións terán lugar entre o 12 de outubro e o 23 de novembro e contarán con pase ás 12.00 e ás 18.30 h.

Xanpatito Pato, Producións Excéntricas, Píscore e Teatro dos Ghazafelhos son as compañías galegas que levarán ao Principal circo teatro, teatro de actor, comedia musical e clown.

A murciana Onírica Mecánica apostará polo teatro contemporáneo e, chegada desde Euskadi, Marie de Jong polo teatro mudo de máscaras.

A programación de Domingos do Principal 2025 é a seguinte:

  • DOM 12 OUT • ‘COMPAÑA’ (Xanpatito Pato)
  • DOM 19 OUT • ‘MONSTROS’ (Producións Excéntricas)
  • DOM 26 OUT • ‘VERNE’ (Onírica Mecánica)
  • DOM 9 NOV • ‘MOLTO BARROCO’ (Píscore)
  • DOM 16 NOV • ‘ANDALE BON APPETIT’ (Teatro dos Ghazafelhos)
  • DOM 23 NOV • ‘Mr BO’ (Marie de Jong)

As entradas a prezo único de 4€ e os abonos para os 6 espectáculos, a un prezo de 18€, están á venda en Ataquilla.com.

De non esgotarse, estarán á venda unha hora antes de cada pase na billeteira do Teatro Principal.

Hora

(Domingo) 12:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!