‘Crisálida’, de Caramuxo Teatro | © Caramuxo Teatro

Domingos do Principal - 'Crisálida' de Caramuxo Teatro

dom17nov12:00Domingos do Principal - 'Crisálida' de Caramuxo TeatroDOBRE FUNCIÓN: 12:00 E 18:30 H12:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O Festival de Teatro para toda a familia Domingos do Principal pechará a súa edición 2024 con ‘Crisálida’, o espectáculo co que Caramuxo Teatro cumpre 20 anos de traxectoria.

Unha historia coa que queren homenaxear as persoas que fan que as cidades teñan vida e sexan ricas en historias, ademais de poñer en valor a importancia do comercio tradicional nun mundo globalizado e cada vez máis dixitalizado.

Historias como as da mercería Crisálida amósannos que este tipo de negocios, máis baseados nas relacións humanas que no beneficio económico, deben ser protexidos. Son parte do noso patrimonio e forman comunidade.

  • Teatro de máscaras
  • Duración: 50 minutos
  • Recomendado a partir de 6 anos e público adulto



DOMINGOS DO PRINCIPAL

Esta nova edición do ciclo Domingos do Principal terá lugar entre o 20 de outubro e o 17 de novembro no Teatro Principal de Pontevedra.

Domingos do Principal é a programación do Concello de Pontevedra pensada para crianzas a partir de 4 anos, pero tamén está aberto a todo tipo de público ao que lle guste o teatro.

En sesións ás 12:00 e ás 18.30 horas o Teatro Principal acollerá 5 obras de teatro que veñen de todo o estado: hai obras andaluzas, catalás e por suposto galegas, pensadas para que as crianzas a partir dos 4 anos (en función das obras) poidan asistir. 

Xa están á venda en Ataquilla.com os abonos matinais ou de tarde para as 5 funcións a un prezo de 15 euros e as entradas soltas para cada unha delas a un prezo de 4 euros. De non esgotarse na venda anticipada, estarán á venda 1 hora antes do comezo de cada pase na billeteira do Teatro Principal.

Haberá tamén 3 pases para centros escolares de primaria os días 21, 28 de outubro e 11 de novembro, para os que se fará un envío de propostas a través do mail habitual, e terán un custo de 2,5 euros.


DOM 20 OUT

‘En un rincón del mundo’ – LaSal (Andalucía)

A aldea respiraba inqueda, mais Manuel, Claudia e Laura non se deron conta. Até que un día todo virou. A xente berraba e corría sen saber como nin por que. Os tres correron tamén, co medo no corpo, sen mirar atrás, até o máis fondo do bosque.

Que foi? Volvemos ou é mellor agardar? Estarán ben? Virán buscarnos? E se non veñen, será porque non nos queren?

En un rincón del mundo é un conto intemporal, unha invención sen heroes nin heroínas. É unha historia irreal, chea de palabras, acción e pensamentos reais.

  • Nominado ao Premio LORCA das Artes Escénicas de Andalucía 2024
  • Teatro de actor
  • Duración: 60 minutos
  • Recomendado a partir de 7 anos e público adulto


DOM 27 OUT

‘Castelao’ – Culturactiva (Galiza)

Castelao é unha figura capital da historia das artes en Galicia e non contaba até agora cunha proposta escénica para a infancia.

Castelao de 8 anos está na súa vila natal, divertido, feliz, alegre e aventureiro, cabalga sobre o lombo dunha persecución polas rúas de Rianxo nas horas previas á súa partida cara á Arxentina, canda súa nai. E mesmo antes, da man de Baltasara, comezará un percorrido trepidante coa urxencia que o inmediato da partida garante.

Queda pouco tempo, as horas antes de embarcar escorregan entre os dedos e a ausencia do neno da casa familiar farase notoria para Xoaquina.

  • Teatro de actor
  • Duración: 50 minutos
  • Recomendado a partir de 6 anos e público adulto


DOM 3 NOV

‘Estación Paraíso’ – La Maquiné (Andalucía)

Nunha estación de tren unha vella monicrequeira agarda pero non sabe por que está alí. Os seus monicreques dentro dunha maleta serán a súa única pista para pescudar quen vén sendo e cal é o seu destino.

Esta é a historia de amor dunha vella que desafía con valentía, humor e tenrura os límites da súa memoria para reunirse co amor da súa vida.

  • Premio LORCA 2023: Mellor espectáculo para a infancia e familiar.
  • Premio do público na 25º Feria de Teatro de Castilla y León 2022
  • Premio FETÉN 2023, mellor interpretación feminina para Elisa Ramos
  • Dobre premio Titirijai Tolosa 2023, espectáculo infantil e adulto
  • Dúas candidaturas aos Premios MAX 2023
  • Teatro xestual, monicreques, maxia e música
  • Duración: 50 minutos
  • Recomendado a partir de 6 anos e público adulto


DOM 10 NOV

‘Full House’ – Eléctrico 28 (Cataluña)

Neste mundo tan diverso é posible que aqueles veciños que criamos estraños se nos parezan moito máis do que pensabamos, sexan como sexan e veñan de onde veñan.

Full House é un espectáculo sen texto de teatro físico e música en vivo, que nos propón, a través dunha fábula contemporánea, o tema da convivencia, abordado dende a diversidade de culturas e a necesidade de compartir.

Catro animais que conviven nunha mesma comunidade viven alleos uns aos outros, até que un acontecemento inesperado failles ver as similitudes que os unen.

  • Teatro físico e música ao vivo
  • Duración: 50 minutos
  • Recomendado partir de 4 anos e público adulto


DOM 17 NOV

‘Crisálida’ – Caramuxo Teatro (Galiza)

‘Crisálida’ é o espectáculo co que Caramuxo Teatro cumpre 20 anos de traxectoria. Unha historia coa que queren homenaxear as persoas que fan que as cidades teñan vida e sexan ricas en historias, ademais de poñer en valor a importancia do comercio tradicional nun mundo globalizado e cada vez máis dixitalizado.

Historias como as da mercería Crisálida amósannos que este tipo de negocios, máis baseados nas relacións humanas que no beneficio económico, deben ser protexidos. Son parte do noso patrimonio e forman comunidade.

  • Teatro de máscaras
  • Duración: 50 minutos
  • Recomendado a partir de 6 anos e público adulto


Hora

(Domingo) 12:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!