'El Cascanueces' en Vigo

dom18dec19:00'El Cascanueces' en VigoBallet Clásico de Ucraína19:00 Auditorio Mar de Vigo - Vigo

Detalles do Evento

A historia máis encantadora do Nadal volve namorar ao público de todas as idades.

Seguindo a tradición e o espírito do ballet clásico, esta suntuosa produción do Ballet Clásico de Ucraína captura toda a beleza e o drama do auténtico ballet romántico, un clásico de todos os tempos que chama a todas as xeracións.

En cada unha das presentacións, a motivación principal do Ballet Clásico de Ucraína é coidar as tradicións e esencia do ballet clásico máis puro, facendo delas un festexo para os sentidos co encanto dos seus vestiarios e a vistosidade das súas decoracións; xerando un equilibrio fascinante coa perfección das súas liñas e a sobriedade das súas coreografías.

Cos mellores bailaríns ucraínos dirixidos pola coreógrafa Natalia Kazatska, o Ballet Clásico de Ucraína, recrea con singular mestría as obras craves do ballet universal. Esta compañía emerxente con sede na cidade de Járkov, un verdadeiro referente deste xénero, é a encargada de levar a escena obras mestras como ‘El Lago de los Cisnes’, ‘El Cascanueces’, ‘Giselle’, ‘LA Bella Durmiente’, etc.

Este ballet, un dos máis coñecidos de Tchaikovsky coa coreografía orixinal de Lev Ivanov, é unha fábula de espírito do Nadal que fala da añoranza pola infancia perdida e o choque entre a realidade dos adultos e o mundo dos soños dos nenos.

O libreto pertence a Marius Petipa que deriva dun texto de Alejandro Dumas que se inspirou á súa vez no soado conto de E.T.A. Hoffmann ‘El cascanueces y el rey de los ratones’.

A inocencia, a beleza interior e a valentía son os eixos do Cascanueces. Unha fantasía que nos regala o Ballet Clásico de Ucraína e que entretén e deleita a quen aínda segue crendo na maxia.

Durante a súa ampla traxectoria, o Ballet Clásico de Ucraína realizou numerosas e exitosas xiras percorrendo os mellores escenarios de Europa.

Entradas anticipadas á venda en teuticket.com


Hora

(Domingo) 19:00

Localización

Auditorio Mar de Vigo

Av. da Beiramar, 59 36202 Vigo

Está pasando!