'El Lago de los Cisnes' en Pontevedra

dom23out20:30'El Lago de los Cisnes' en PontevedraBallet Nacional Ruso - Sergei Radchenko20:30 Auditorio Sede Afundación - Pontevedra

Detalles do Evento

O Ballet Nacional Ruso, compañía de referencia mundial dirixido por Serguei Radchenko presenta un dos grandes títulos de P. I. Tchaikovsky ‘El Lago de los Cisnes’, cun corpo de baile de 45 bailaríns e virtuosos solitas.

  • Música: Piotr Tchaikovsky
  • Libreto: Vladimir Beghitchev / Vasili Geletzer
  • Coreografía: Marius Petipa

O Ballet Nacional Ruso fúndase en  1989, cando o lexendario solista do Teatro Bolshoi de Moscú, S. Radchenko intenta realizar a súa visión dunha compañía, que reunira aos elementos máis clásicos das grandes compañías de Ballet  Kirov e Bolshoi, nunha nova compañía de ballet independeente dentro do  marco do  ballet clásico ruso. Os principais bailarines de toda Rusia forxan baixo direción de S. Radchenko  unha emocionante compañía, poñendo en escena novas producións de clásicos atemporais como Giselle, Don Quijote, Paquita e Carmen.

O Ballet Nacional Ruso percorre de costa a costa os EE.UU todas as tempadas nunha longa xira amosando o seu amplo repertorio nas máis importantes salas e teatros do país americano.Dende os seus inicios tamén, o Ballet Nacional Ruso completou numerosas xiras por Europa, con extraordinarias recepcións en Italia, Francia, España, Alemaña e os Países Baixos, ademáis de Reino Unido, incluindo numerosas representacións no famoso Coliseo de Londres.

A compañía realiza, ademáis, xiras por todo o mundo, destacando as realizadas con gran éxito por Turquía (no  Festival de Estambul), Grecia (Festival de Atenas), Japón, Corea, Singapur e Hong  Kong. Baixo a direción de S.Radchenko, o Ballet Nacional Ruso continúa ampliando o seu repertorio.

S. Radchenko, fundador en 1989, e director dende entón, do Ballet Nacional Ruso, naceu en 1944, graduose na Escola de Danza de Moscú en 1964 e uniuse ao Ballet do Teatro Bolshoi, onde traballou durante 25 anos. Neste tempo bailou todo o repertorio da compañía, destacando polo seu carácter, o seu gran encanto, o temperamento e un gusto exquisito, cunha afinidade especial pola danza española. S. Radchenko foi parella de baile da mítica e inigualable Maya Plisétskaya e con ela bailou todos os grandes ballets clásicos. S. Radchenko é dende 1976, Artista Honorario do Pobo da URSS.

Entradas anticipadas á venda desde 29 euros en Ataquilla.com

Hora

(Domingo) 20:30

Localización

Auditorio Sede Afundación

Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

Está pasando!