Migallas Teatro presenta 'Elas pintan moito' en Cangas

sáb07mar18:00sáb19:00Migallas Teatro presenta 'Elas pintan moito' en CangasDía Internacional da Muller18:00 - 19:00 Concello de Cangas - Cangas

Detalles do Evento

‘Elas pintan moito’ é unha sesión de contos de Migallas Teatro, baseada na obra de diferentes pintoras e nos elementos que as inspiraron. Abórdase a cuestión da igualdade entre homes e mulleres en todos os ámbitos da vida, desde o máis cotián ata o da creación artística.

Durante a sesión, as nenas e nenos, alén de coñecer as principais obras destas pintoras, descubrirán facetas da súa vida persoal que as converteron en modelos de independencia fronte aos prexuízos machistas da sociedade que as rodeaba.

Tamén se anima a desenvolver as capacidades creativas das nenas e nenos sen ningún tipo de traba e de ideas preconcibidas.

Será o sábado 7 de marzo, ás 18:00 horas, na Sala de exposicións do Auditorio Municipal de Cangas.

Hora

(Sábado) 18:00 - 19:00

Localización

Concello de Cangas

Está pasando!