Encontro ‘Informar sobre cinema’ en Pontevedra

mér26nov19:00Encontro ‘Informar sobre cinema’ en PontevedraACTIVIDADES PREVIAS DOS PREMIOS FEROZ 202619:00 Casa da Luz - Pontevedra

Detalles do Evento

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e os Premios Feroz uniron forzas para celebrar un encontro sobre xornalismo cultural titulado ‘Informar sobre cinema’.

A cita será o mércores 26 de novembro ás 19:00 en Casa da Luz, coa participación de María Guerra, presidenta da Asociación de Informadores Cinematográficos de España (AICE); Ángel Suanzes, xornalista da Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG); e Andrea Villa, especializada en comunicación cultural cinematográfica.

Unha conversa aberta sobre os límites da información cinematográfica, as dificultades da especialización, a confusión entre información e promoción ou o papel da crítica.

A entrada é de balde con inscrición previa en xornalistas@xornalistas.gal

Hora

(Mércores) 19:00

Localización

Casa da Luz

Praza da Verdura, s/n

Está pasando!