Aquí Cantase | © Maravallada

Ensaio Xeral do 'Aquí Cántase' 2024

mér07ago20:30mér22:00Ensaio Xeral do 'Aquí Cántase' 2024Asociación Cultural Maravallada20:30 - 22:00 Cidade de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Convertida nunha das citas máis orixinais e curiosas do verán pontevedrés, ‘Aquí Cántase’ regresa un ano máis para amosar como o canto tradicional e popular pode ser tamén unha festa colectiva que supera calquera expectativa.

Organizado pola Asociación Cultural Maravallada, ‘Aquí Cántase’ preséntase como unha actividade de promoción desas melodías galegas que foron pasando de xeración en xeración.

Un evento que consiste en reunirnos o 9 de agosto a cantar moita xente en catro prazas do Centro Histórico de Pontevedra: Curros Enríquez, Praza do Teucro, Charino (Teatro Principal) e Praza de Santa María.

Sen coñecementos musicais previos. Sen ter unha gran voz. Só gana de gozar da música e participar nun espectáculo orixinal e único nas prazas de Pontevedra.

20 cancións. Repertorio de música popular galega.

2 Sedes para ensaiar. Centro Cultural O Gorgullón e Centro Social O Burgo.

Ensaios abertos de 20:30 a 22:00 horas:

  • 29 de maio e 12 e 26 de xuño no C.C. O Gorgullón
  • 22 de maio e 5 e 19 de xuño no C.C. O Burgo
  • 31 de xullo Ensaio Xeral no C.C. O Gorgullón


Hora

(Mércores) 20:30 - 22:00

Localización

Cidade de Pontevedra

Está pasando!