Excursión +65 á cidade de Ourense e O Carballiño

dom11mai09:15dom20:00Excursión +65 á cidade de Ourense e O CarballiñoPrograma Ronsel do concello de soutomaior09:15 - 20:00 Concello de Soutomaior - Soutomaior

Detalles do Evento

A concellería de Igualdade e Benestar Social, achega esta excursión, de balde, para persoas maiores de 65 anos empadroadas/os no Concello de Soutomaior, que se desenvolverá o día 11 de maio e cuxo destino, neste 2025 será Ourense e o Parque Municipal do Carballiño.

Unha iniciativa que chega dentro do programa RONSEL co fin de desfrutar do avellentamento activo e do tempo de lecer a través dos espazos naturais, da cultura, da historia e da natureza.

Todas e todos os interesados deberán inscribirse en liña do 10 ao 30 de abril.



Unha excursión que inclúe: ás 09:15h. Saída dos autobuses desde Soutomaior (os autobuses farán paradas en: Casa do Concello, Sobral, Aranza, Alxán, Val, Comboa, Moreira, Romariz, Lourido, Cruce de Pierres (Arcade), ás 11:00h. está prevista a chegada a Ourense con visita guiada pola cidade de Ourense percorrendo prazas e rúas medievais, a Praza Maior, igrexas, edificios de interese e lugares emblemáticos como as Burgas e o Ensanche decimonónico de Ourense.

Posteriormente ás 13:00h. terá lugar a saída cara O Carballiño con chegada, ás 13:40h. ao Parque Municipal do Carballiño. Tempo libre para visitar esta zona de recreo de 32 hectáreas situada entre a zona residencial e río Arenteiro.

Con sendeiros, pontes, o Gran Balneario. o parque Etnográfico do Arenteiro, os muíños restaurados, etc. Ás 14:15h. terá lugar o xantar, onde haberá unha carpa equipada para o xantar de todo o grupo na zona urbana do parque. Un xantar que inclúe: Entrantes. Prato principal (carné ou peixe). Sobremesas. Café e chupitos. E xa pola tarde ás 16:30h. terá lugar a verbena amenizada polo Trío Tic Tac.

Tralo baile e o desfrute está prevista a chegada a Arcade – Soutomaior en torno ás 20:00h.

Todas aquelas persoas que precisen axuda coas inscricións en liña, pode facela nas Oficinas Xerais do Concello (Soutomaior en horario de 9:00 a 14:00h) ou nos Servizos Sociais (Multiúsos, Arcade en horario de 9:00 a 14:00h).

Dende o concello sinalan que é moi importante lembra que as persoas que precisen ir con acompañante deberán entregar un xustificante xunto coa inscrición acreditando esta necesidade, esta persoa tamén deberá inscribirse para que quede reservada a súa praza.

Hora

(Domingo) 09:15 - 20:00

Localización

Concello de Soutomaior

Soutomaior

Está pasando!