Exposición 'Contrapaso' de Teresa Valero

xov22maiConsultardom01xuñExposición 'Contrapaso' de Teresa ValeroBDRA GRÁFICA, FESTIVAL DE BANDA DESEÑADA DE PONTEVEDRA(Consultar) Espazo Nemonon - Pontevedra

Detalles do Evento

No marco do festival de banda deseñada BDra Gráfica, adentrámonos no estudio de Teresa Valero para descubrir o proceso de creación da nova entrega de ‘Contrapaso’.

A exposición estará no Espazo Nemonon (Praza da Ferraría), e teremos a proxección o mércores 28 de maio ás 20.30 h no Teatro Principal do filme releccionado coa bd, ‘Morte dun ciclista’ e unha charla e sinaturas con Teresa Valero o venres 30 de maio ás 19 h no Espazo Nemonon.

‘Contrapaso’ permanecerá aberta ao público do xoves 22 de maio ao domingo 1 de xuño.


III BDRA GRÁFICA, FESTIVAL DE BANDA DESEÑADA DE PONTEVEDRA

BDra Gráfica, festival de banda deseñada do Concello de Pontevedra, naceu o 18 de marzo (día do cómic) do 2023 baixo a dirección de Kiko da Silva. Tras unha exitosa primeira edición, decidiuse facer crecer o festival e sacalo ás rúas da cidade do Lérez.

O obxectivo de BDra Gráfica, é achegar á cidadanía a grande variedade de obras creadas polos autores/as da 9ª Arte.

O protagonismo será para os creadores/as, pero tamén para outras partes fundamentais do sector da BD, como son as librarías, que contarán cunha gran carpa de 30 metros na Praza da Ferraría, onde tamén se contará cunha ampla presenza de editoriais especializadas que darán a coñecer aos lectores as súas novidades.

Todo aderezado con exposicións dos autores/as, proxeccións de cinema, conferencias, sesións de sinaturas e Xornadas Profesionais de BD, do 22 ao 25 de maio en Pontevedra.

Hora

Maio 22 (Xoves) - Xuño 1 (Domingo)

Localización

Espazo Nemonon

Praza da Ferrería, 1, 36002 Pontevedra

Está pasando!