Exposición da Camelia en Ponteareas

ven28nov12:00Exposición da Camelia en Ponteareas28 de novembro, 6 e 7 de decembro de 202512:00 Concello de Ponteareas - Ponteareas

Detalles do Evento

Concello de Ponteareas celebra unha nova edición da súa Exposición da Camelia, un evento que converterá a vila nun espazo de encontro para amantes da natureza, da arte floral e do patrimonio botánico.

A programación desenvolverase ao longo dos días, 28 de novembro, 6 e 7 de decembro de 2025 na Casa do Concello e na Praza da Música e contará cun amplo programa cultural, divulgativo e participativo.

Inauguracións, obradoiros, catas de té, charlas, actuacións musicais e exposición son a aposta do goberno para esta edición que supón unha recuperación da mostra.

A exposición da Camelia de Ponteareas quere recoñecer o importante papel do cultivo da camelia sendo quen de poñer en marcha proxectos de éxito como a Ruta das Camelias que completa a experiencia turística con accións ligadas ao coñecemento da especie e tamén ao desenvolvemento científico de produtos como o aceite de camelia ou o té.

PROGRAMACIÓN OFICIAL

Venres 28 de novembro

  • 12:00 h – Inauguración da exposición “A Camelia, flor de galegas e galegos” na Praza da Música.

Charla-cata do té da Camelia.

Sábado 6 de decembro

  • 13:00 h – Inauguración oficial da exposición na Casa do Concello, con actuación de Sadeo.
  • 16:30–20:00 h – Apertura ao público da exposición.
  • 16:30 h – Charla-cata do té da Camelia no Auditorio Reveriano Soutullo.
  • 17:30 h – Obradoiro sobre a Camelia (Casa do Concello).

Domingo 7 de decembro

  • 10:30–13:30 h – Apertura da exposición.
  • 16:30–20:00 h – Apertura da exposición e clausura.
  • 17:00 h – Actuación da Rondalla da Asociación Recreativa Santa Eulalia de Atios.

Hora

(Venres) 12:00

Localización

Concello de Ponteareas

Está pasando!