Exposición 'Facianas de Muller' en Marín

lun03novConsultarven14novExposición 'Facianas de Muller' en MarínPinturas de Lidia Alarcón Pazos(Consultar) Ateneo Santa Cecilia - Marín

Detalles do Evento

A sala de exposicións do Ateneo Santa Cecilia acolle a mostra de pintura ‘Facianas de Muller’, de Lidia Alarcón Pazos.

Nesta exposición, a artista presenta un conxunto de rostros femininos que amosan a diversidade, a beleza e a vitalidade das mulleres, destacando a súa mensaxe a través de cores intensas e a forza expresiva das súas obras.

Residente en Marín dende hai 24 anos, Lidia é unha pintora autodidacta cuxa paixón se remonta á infancia, cando xa destacaba nas materias de debuxo.

Actualmente compaxina a pintura no seu fogar coas clases en Céltica Marín ArteCultura. Cabe destacar que Lidia xa expuxo con anterioridade no Ateneo, cunha excelente acollida por parte do público.

A mostra estará aberta do 3 ao 14 de novembro. Poderase visitar de luns a venres, en horario de 18:00 a 20:30 horas.

Hora

novembro 3 (Luns) - 14 (Venres)

Localización

Ateneo Santa Cecilia

Rúa do Forno, 42 Baixo 36900 Marín

Está pasando!