Exposición ‘Infinity Heroes Showroom’ | Curtas Festival do Imaxinario

Exposición 'Infinity Heroes Showroom' en Vilagarcía

ven03outConsultardom16novExposición 'Infinity Heroes Showroom' en VilagarcíaCurtas Festival do Imaxinario 2025(Consultar) Sala Rivas Briones - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

Thor, Iron Man, Spiderman, Lobezno, Daredevil, ou o Capitán América agárdante na sala Rivas Briones de Vilagarcía de Arousa do 3 de outubro ao 16 de novembro.

Creada para fans e amantes dos cómics e películas de Marvel, a primeira exposición de Curtas Festival do Imaxinario ofrece unha experiencia única.

‘Infinity Heroes Showroom’ presenta unha selección de figuras a tamaño real, réplicas de cascos e outros artefactos, dioramas e estatuas de calidade museística dos heroes máis destacados do universo Marvel.

Unha oportunidade que non podedes perder! Fans de Marvel, reunídevos!

53º CURTAS FESTIVAL DO IMAXINARIO EN VILAGARCÍA

Curtas Festival do Imaxinario é un festival de cinema fantástico e de terror que se celebra anualmente en Vilagarcía de Arousa. Recentemente foi elixido como un dos 90 mellores festivais de xénero do mundo por Dread Central, o medio líder no xénero de terror.

53ª edición de Curtas Festival do Imaxinario celebrarase do 24 de outubro ao 2 de novembro. O festival promete ser un evento emocionante e cheo de sorpresas, cunha selección de películas que exploran os límites do fantástico e o terror.

Con máis de 50 anos de historia, é o festival de cinema decano de Galicia e a maior celebración do xénero no noroeste peninsular.

O festival destaca pola súa capacidade para xerar experiencias inolvidables con proxeccións de longametraxes e curtametraxes, exposicións, presentacións e actividades paralelas, todo elo de entrada gratuita, que o converten nun evento imprescindible para os amantes do xénero.

Hora

Outubro 3 (Venres) - Novembro 16 (Domingo)

Localización

Sala Rivas Briones

Rúa do Alcalde Rey Daviña, 14, 36600 Vilagarcía de Arousa

Está pasando!