Exposición 'Maquetas do Patrimonio Cultural' en Poio

sáb15xuñ(xuñ 15)10:00lun08xul(xul 8)19:30Exposición 'Maquetas do Patrimonio Cultural' en PoioUnha mostra de José Manuel Magdalena Otero(xuño 15) 10:00 - (xullo 8) 19:30 Mosteiro de Poio - Poio

Detalles do Evento

O Mosteiro de Poio acolle do 15 de xuño ao 8 de xullo, a exposición ‘Maquetas do Patrimonio Cultural’.

José Manuel Magdalena Otero é veciño de Poio e comezou a facer maquetas hai aproximadamente 15 anos. Reproduce monumentos do patrimonio cultural, principalmente de Poio, dunha forma creativa. Conta con máis de 50 maquetas realizadas en cortiza e outras técnicas e inclúe reproducións de igrexas, hórreos, cadros, cruceiros…

A mostra pódese visitar de luns a sábado, en horario de 10.00 a 13.30 horas e de 16.30 a 19.30 horas (festivos fechado).

A entrada é gratuíta para as persoas empadroadas en Poio, que poden retirar os seus convites na Casa do Concello, no Pazo de Besada, no Casal de Ferreirós ou na oficina de turismo de Combarro.


Hora

Xuño 15 (Sábado) 10:00 - Xullo 8 (Luns) 19:30

Localización

Mosteiro de Poio

Rúa Convento, s/n, 36995 Poio

Está pasando!