Exposición 'Un mar de gravados' en Pontevedra

mér11febConsultarven27febExposición 'Un mar de gravados' en PontevedraTaller experimental de obra Múltiple Contemporánea(Consultar) Facultade de Belas Artes - Pontevedra

Detalles do Evento

A Sala O Abrigo da Facultade de Belas Artes acolle a exposición ‘Un mar de gravados’, que presenta unha escolma de obras desenvolvidas no Taller de Gravado Experimental de Vilariño.

Coordinada polo director deste taller, Leonardo Rial, esta mostra reúne as creacións de 14 artistas e ten como obxectivo compartir os procesos e metodoloxías que se desenvolven no seo deste taller de Cangas do Morrazo, que parte da concepción do gravado contemporáneo como un territorio expandido, en constante revisión e afastado de calquera formulación pechada ou normativa.

A mostra poderá visitarse nesta sala ata o 27 de febreiro, de luns a venres de 8.00 a 21.00 horas.

Hora

febreiro 11 (Mércores) - 27 (Venres)

Localización

Facultade de Belas Artes

Rúa da Maestranza, 2, 36002 Pontevedra

Está pasando!