Exposición ‘Viquingos. Unha ollada desde Galicia’ en Vigo

mar10xuñConsultardom28setExposición ‘Viquingos. Unha ollada desde Galicia’ en Vigoo impacto dos pobos nórdicos no noso territorio(Consultar) Museo do Mar de Galicia - Vigo

Detalles do Evento

Esta exposición debulla o impacto dos pobos nórdicos no noso territorio a través de pezas históricas procedentes de museos de Galicia, Andalucía e Suecia, ademais contará con pezas singulares como a recreación de gran parte dun navío viquingo realizado en pezas de cartón ou catro pezas audiovisuais animadas con ilustracións de David Rubín, un dos autores galegos de banda deseñadas con maior proxección internacional.

Este proxecto é unha extensión natural e necesaria de ‘Unha vida viquinga’, exposición que o Museo Centro Gaiás acolleu no segundo semestre de 2024 e que atraeu máis de 60.000 visitas.

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude continúa así a promover a circulación de mostras que agroman no Gaiás por outros puntos da xeografía galega para facer a cultura accesible a toda a poboación.

Deste xeito, o Museo do Mar de Galicia explora a senda aberta por ‘Unha vida viquinga’ cunha proposta expositiva propia que lle brindará ao público unha perspectiva diferente e anovadora.

Se a exposición da Cidade da Cultura de 2024 ofrecía unha radiografía universal sobre a cultura viquinga, a nosa mostra vai un paso máis alá para poñer o foco no máis próximo: a pegada das expedicións escandinavas en Galicia.

Do 10 de xuño ao 28 de setembro de 2025, na sala de exposicións temporais do 1º edificio do Museo do Mar de Galicia (Avda. Atlántida, 160. Vigo).

Hora

Xuño 10 (Martes) - Setembro 28 (Domingo)

Localización

Museo do Mar de Galicia

Avda. Atlántida, 160, 36208 Vigo

Está pasando!