Exposición 'Xulio Gil. Retrato dun tempo da plástica galega', en Vigo

mér13setConsultarsáb11novExposición 'Xulio Gil. Retrato dun tempo da plástica galega', en VigoExposición producida pola Xunta de Galicia(Consultar) Sede Afundación Vigo - Vigo

Detalles do Evento

Trátase dun proxecto expositivo de homenaxe á plástica galega dende os retratos fotográficos dos artistas, os seus creadores, da man do fotógrafo Xulio Gil.

Aproveita para visitala do 13 de setembro ao 11 de novembro na Sede Afundación Vigo, de luns a sábado en horario de 17:30 a 20:30 horas. Domingos e festivos, pechado.

Exposición producida pola Xunta de Galicia.

A idea do proxecto tivo o seu berce en 1988 co gallo da exposición “Antropolóxicas”, promovida por Enrique Acuña no Museo de Pontevedra. Con posterioridade, foi continuado a propósito da realización das fotos para a colección Artistas Galegos, dirixida por Antón Pulido, propóndolles facer un retrato de autor ao remate da obra. Dende aquela, Gil foi sumando fotos de artistas cos que coincidiu, na procura de redondear aquela idea auroral. Esta é a base dunha colección que foi xermolando no tempo, e que fica agora rematada, pechando o concepto para a súa exhibición pública.

Mirar para coñecer, e facelo dende as creacións de Xulio Gil, cunha mirada fascinante, que incorpora na visita unha cartela que amosa unha peza artística de cada un dos retratados para a súa contextualización.

A mostra está articulada por 97 retratos fotográficos e dela editarase un coidado catálogo.

Artistas retratados

FRANCISCO LEIRO | LAXEIRO | COLMEIRO | CARUNCHO | LEOPOLDO NÓVOA | ISAAC DÍAZ PARDO | ELENA COLMEIRO | XAIME QUESSADA | ANTONIO QUESADA | ANTÓN PULIDO | PURY DEL PALACIO | ELENA GAGO | ÁNXEL HUETE | ANTÓN SOBRAL | MENCHU LAMAS | ROSALÍA PAZÓ | MINGOS TEIXEIRA | DIEGO DE GIRÁLDEZ | YOLANDA CARBAJALES

ESCOLARES

‘Cores en folga’ | Infantil a 4º Primaria

Unha apócema feiticeira rouboulles as cores aos retratos dos e das artistas galegas, só nenas e nenos poderemos devolvérllelas. Unha viaxe pola arte galega da man dalgúns dos seus rostros máis destacados. Un achegamento ao mundo das cores primarias e as gamas de cor nun obradoiro moi tolo no que crearemos unha obra de arte sostible e con robótica.

‘Mulleres de rompe, racha, pinta e traballa’ | Primaria a 1º e 2º ESO

Nesta viaxe trataremos de coñecer as mulleres que fixeron historia na arte galega. Nesta ocasión, a escolma elixida para coñecer a nosa arte será exclusivamente feminina. É hora de poñer o foco nas mulleres. Mulleres de rompe e racha que, abrindo camiños, conseguiron destacar e formar parte, por dereito propio, da nosa historia.

E no obradoiro, dúas opcións a elixir: robótica e programación ao servizo da arte ou instalacións artísticas sostibles.

Hora

Setembro 13 (Mércores) - Novembro 11 (Sábado)

Localización

Sede Afundación Vigo

Policarpo Sanz, 24 - 26 36202 Vigo

Está pasando!