Informática para a rapazada en Redondela

lun08xulConsultarxov01agoInformática para a rapazada en RedondelaAulas Cemit de Redondela e Chapela(Consultar) Concello de Redondela - Redondela

Detalles do Evento

A Concellería de Novas Tecnoloxías de Redondela, oferta cursos de formación no mes de xullo para a rapazada de entre 7 e 12 anos de idade. As clases de informática impartiranse en horario de mañá nas aulas CeMIT de Chapela e Redondela.

Nas clases os nenos e nenas, distribuídos en grupos de idade, aprenderá a través de xogos didácticos e achegaránselles nocións básicas de Internet, os sistemas operativos Windows e Linux, o programa educativo Gcompris e tarefas sinxelas de ofimática, entre outras cuestións.

En Redondela as clases serán os luns e mércores, do 8 ao 31 de xullo, en horario de 10.30 a 11.30 horas e de 12.00 a 13.00 horas. Na aula CeMIT de Chapela as clases serán os martes e xoves desde o 9 de xullo ata o 1 de agosto, en horario de 10.30 a 11.30 horas.

A actividade é de balde, e as prazas serán asignadas por orde de inscrición. As instancias para participar nos cursos pódense recoller en la web redondela.gal, no Centro de Formación A Marisma (ao carón da piscina municipal) e no Multiusos da Xunqueira en Redondela. En Chapela pódense solicitar nas Dependencias dos Servizos Sociais.

Esta actividade forma parte dos cursos de formación que ao longo de todo o ano se ofrecen nas aulas CeMIT de Redondela e Chapela. Máis información no departamento de Novas Tecnoloxías, no Multiusos da Xunqueira, ou no teléfono 986 400 366.



Talleres para adultos no mes de xullo

No mes de xullo as Aulas Abertas ofrece talleres para adultos no mes de xullo, onde poden consultarse dúbidas para consultas e xestión de trámites online co Concello, a través do móbil ou tableta. En Redondela será todos os venres, en horario de 10:00 a 13:30 horas. Na Aula Aberta de Chapela será os martes e xoves, de 11:30 a 13:30 horas.

Hora

Xullo 8 (Luns) - Agosto 1 (Xoves)

Localización

Concello de Redondela

Está pasando!