‘Fedellando’, actividades artísticas e artesanais en Soutomaior

xov18decConsultarxov12nov‘Fedellando’, actividades artísticas e artesanais en SoutomaiorDe decembro de 2025 a novembro de 2026(Consultar) Concello de Soutomaior - Soutomaior

Detalles do Evento

Concello de Soutomaior, a través da Concellería de Igualdade, presenta ‘Fedellando’, actividades artísticas e artesanais. 

O obxectivo deste programa é promover o benestar e a calidade de vida, reducindo o estrés, a ansiedade e a depresión, mellorando a autoestima e a concentración, e desenvolvendo as habilidades cognitivas, emocionais e motrices mediante o traballo manual en saúde mental.

Un programa que comezará no vindeiro mes de decembro co obradoiro de empaquetado de agasallos, en xaneiro tocarálle o turno a decora a túa cerámica, en febreiro cartonaxe, en marzo parche da memoria, en abril encadernación, en maio cosmética natural, en xuño obradoiro de limpeza ecolóxica, en setembro elaboración de conservas, en outubro decoupage e en novembro pechará esta primeira edición de ‘Fedellando’ co obradoiro deixa a túa pegada.

Todas estes obradoiros serán de balde, ata completar o aforo xa que contará con prazas limitadas.

inscrición previa en liña, abrirase a comezos de cada mes en soutomaior.gal/actividades

Tal e como indicaron dende o CIM de Soutomaior os beneficios do traballo manual para a saúde mental son moitos entre os que se atopan: reducir o estrés e a ansiedade, mellora da concentración e da memoria, fomentar a creatividade e do inxeño, aumento da autoestima, desenvolvemento de habilidades motrices e cognitivas, o fomento da interacción social, e a xestión do tempo libre.

Hora

Decembro 18 (Xoves) - Novembro 12 (Xoves)

Localización

Concello de Soutomaior

Soutomaior

Está pasando!