Festa do Orgullo PTV+ 2025 en Pontevedra

sáb28xuñ12:30Festa do Orgullo PTV+ 2025 en Pontevedra'NIN UN PASO ATRÁS, NIN UNHA LETRA MENOS'12:30 Parque das Palmeiras - Pontevedra

Detalles do Evento

O prato forte do Orgullo PTV+ será o sábado 28 de xuño, coa festa no Parque das Palmeiras que comezará ás 12.30 h. coa actuación do coro dirixido por Bonnie Cooper Happy Singers.

A sesión vermú correrá a cargo do grupo liderado polo activista trans Éric Dopazo ‘Piratas sen parche’, para dar lugar ao xantar colorido no mesmo parque das Palmeiras.

De 16.30 a 20.00 horas ambientará a tarde Duendeneta Dilleis e tamén haberá actividades para a rapazada, ‘Contos do arco da vella’, unha actividade familiar con Cris de Caldas.

Ás 20.00 h. terá lugar a manifestación do Orgullo 2025, impulsada por Avante e Arelas: baixo o lema ‘Nin un paso atrás, nin unha letra menos!’. Con saída e remate no Parque das Palmeiras e lectura de manifesto (con interpretación en lingua de signos).

Ás 23.00 h. será o concerto do grupo LERIA e ás 00.30 sesión DJ con Yaya DJ.

Durante toda a xornada haberá Punto Arco Iris, Postos informativos de Avante LGBT+ e Arelas e un espazo tranquilo.

Hora

(Sábado) 12:30

Localización

Parque das Palmeiras

Pontevedra

Está pasando!