Festa dos Maios 2025 na Alameda Castelao | Concello de Redondela

Festa dos Maios en Redondela

ven01mai11:00Festa dos Maios en RedondelaConcello de Redondela11:00 Alameda Castelao - Redondela

Detalles do Evento

Redondela prepárase para recibir a primavera coa súa emblemática Festa dos Maios, unha das citas máis senlleiras do calendario cultural galego.

O Concello de Redondela vén de anunciar a apertura do prazo de inscrición para o concurso de figuras e coplas, convidando a toda a veciñanza, asociacións e colectivos a ser partícipes desta explosión de arte natural e retranca que terá o seu día grande o vindeiro 1 de maio.

Tras o éxito acadado en edicións anteriores, o Concello reafirma o seu apoio a esta tradición mantendo a contía das axudas directas por participación. Así, cada grupo que presente un maio ao concurso recibirá unha subvención de 200 euros, co obxectivo de sufragar os gastos de elaboración e fomentar que ningunha parroquia quede sen representación.

Desde o Concello convídase a todos os colectivos a que se sumen a esta festa. O ano pasado superáronse as 20 agrupacións e este ano o reto é seguir medrando para demostrar que a tradición redondelá ten o futuro asegurado.

O prazo para formalizar a participación estará aberto ata o vindeiro 21 de abril. As entidades interesadas poden realizar o trámite de xeito presencial no rexistro do Concello ou a través da sede electrónica municipal.

CATEGORÍAS E PREMIOS

O certame volverá contar con catro categorías competitivas: Maio Tradicional, Maio Artístico, Copla e Interpretación. Para cada unha delas, establécense premios de 300 euros para o 1º clasificado, 250 euros para o 2º e 200 euros para o 3º.

En total, o Concello outorgará 12 premios que recoñecerán tanto a calidade plástica das figuras (feitas con elementos naturais como fentos, flores ou ovos) como o enxeño e a crítica social das coplas cantadas ao ritmo das castañolas.

Máis información e bases da Festa dos Maios 2025 premendo aquí.

Hora

(Venres) 11:00

Localización

Alameda Castelao

Alameda Castelao, 36800 Redondela

Está pasando!