Festival da Agrupación Folklórica Celme en Pontevedra

sáb28dec20:00Festival da Agrupación Folklórica Celme en Pontevedra40º aniversario da agrupación Folklórica Celme 20:00 Auditorio Sede Afundación - Pontevedra

Detalles do Evento

A Agrupacion Folklórica Celme foi fundada en 1984 polo seu actual Presidente e Director Artístico Quique Dominguez Lino.

O grupo Celme durante estes anos participou en festivais nacionais e internacionais por 15 países de Europa, EEUU e o mundial de Futbol de Qatar, así como por tódalas Comunidades de España. Destacan por dispoñer de bailes e músicas de diferentes pobos e lugares de Galicia: Xota de Montrove, Xota de Lourido, Muiñeira de Bardans, Xota dás Fragas, Xota de Caritel, Jote de Folgoso, Muiñeira de Vilariño etc.

Dende os seus inicios a preocupación polo traxe galego destacou nesta asociación que dispón actualmente de máis de trinta traxes tradicionais de diferentes comarcas de Galicia, e todo iso asesorados polo artesán de Ourense Jose Antero Rodríguez: traxes das Mariñas, Cotobade, Vilagarcía, Lugo, Xuvencos, Val do Lerez, Ourense, etc.

A Agrupación dispón de escola de baile, pandeireta e gaita, de onde se vai nutrindo principalmente dos seus compoñentes.

Despois de 40 anos quere mostrar na súa cidade a riqueza do folclore Galego, onde participarán as escolas infantís, xuvenís e de adultos, así como excompoñentes da agrupación, tanto en música como en baile, así como unha agrupación convidada doutra comunidade de España e a propia Agrupación Folklórica Celme.

Entradas anticipadas á venda desde 10 euros en Ataquilla.com

Hora

(Sábado) 20:00

Localización

Auditorio Sede Afundación

Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

Está pasando!