Festival 'Sete Falares' en Pontevedra

dom08xuñConsultardom15xuñFestival 'Sete Falares' en PontevedraEncontro Internacional de Contadores de Historias(Consultar) Cidade de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O Encontro Internacional de Contadores de Historias Sete Falares terá lugar entre o 8 e o 15 de xuño na cidade de Pontevedra.

Por primeira vez o Paraninfo do IES Valle Inclán e os Xardíns de Marescot formarán parte dos escenarios do festival xunto a outros emprazamentos habituais coma a Casa da Luz, o Parador de Turismo e o Teatro Principal.

Desta volta van vir desde os sete mares 12 contadores e contadoras diferentes para contarnos en Pontevedra as súas historias. Chegan desde distintos lugares e este ano teremos contadores de Galicia, Colombia, Euskadi, Alacant, Uruguai e Brasil, aproveitando esa sorte que temos de compartir lingua. 

Todos os espectáculos serán de balde agás a inauguración o día 8 de xuño ás 20.00 h e a clausura o 15 ás 21,00 h, que terán lugar no Teatro Principal e contarán con venda anticipada a partir de mañá en Ataquilla.com.

Os prezo serán de 8 euros (4 euros para persoas estudantes, desempregadas ou maiores de 65) e, de non esgotarse, tamén estarán á venda unha hora antes no despacho de billetes do teatro”.

Nos diferentes formatos habituais, con contadas individuais, de tres en tres ou de dous en dous, nas catro quendas do ‘Vieiro de historias por Pontevedra’ e na gala de clausura, o público poderá gozar con María da Pontragha (Galiza) e Bleuenn Le Friec (Bretaña), Caxoto (Galiza), Charo Pita (Galiza), Soledad Felloza (Galiza- Uruguai), Avelino González (Galiza), Iñaki Carretero (Euskadi), Léla Mayer (Brasil), Nelson Calderón (Colombia) e Raquel López (Alacant).

O programa está dispoñible na web do evento setefalares.eu, onde é posible tamén consultar a biografía das persoas que farán parte deste encontro internacional de contadores de historias. Na súa totalidade está dirixido a público adulto, ainda que poden vir adolescentes pero non é unha programación infantil.

O programa deseñado por Ovo Publicidade, conta con sete animais mariños, que representan as nacionalidades dos convidados e convidadas, xa que este ano, todos os países que están en Sete Falares, teñen mar”.

Hora

xuño 8 (Domingo) - 15 (Domingo)

Localización

Cidade de Pontevedra

Está pasando!