This is a repeating event

Festival SonRías Baixas en Bueu

sáb03agoConsultarFestival SonRías Baixas en Bueu1, 2 e 3 de agosto de 2024(Consultar: sábado) Recinto Multiusos da Estacada - Bueu

Detalles do Evento

Un ano máis volve un dos maiores festivais de Galicia, o SonRías Baixas. Localizado nun enclave natural idílico, en pleno corazón das Rías Baixas, o festival séguese postulando como unha oportunidade única de levar a grandes artistas do panorama nacional e internacional á pequena vila mariñeira de Bueu. 

A oportunidade de combinar a mellor música en directo coa contorna privilexiada de natureza e mar, a gastronomía local e o carácter amable da zona, converten ao SonRías nun dos grandes reclamos do verán galego.

Esta edición, encabezada por nomes como La Oreja de Van Gogh, Tanxugueiras, Rozalén, Ginebras, Álvaro de Luna ou Rayden, é unha gran aposta da organización para tratar de cambiar a tendencia da propia industria musical, apostando por un forte protagonismo das bandas lideradas e formadas por mulleres como cabezas de cartel.

Tamén destaca a presenza dos principais nomes da escena galega, como son Fillas de Cassandra, Mondra, Sabela ou The Rapants, encabezados pola punta de lanza deste auxe que está a vivir o panorama galego como son Tanxugueiras.

A todos estes nomes súmanse os de Chef’Special, La La Love You, Anabel Lee, Cool Nenas, Emlan, Gilipojazz, Inés Hernand, La Élite, Morochos, Mr. Kilombo, Muerdo, Sexy Zebras e Travis Birds, mantendo así a tendencia do festival de ser un altofalante para coñecer novas propostas musicais tamén nesta 21 edición.



Co cartel, o festival activa tamén a venda de abonos, que estará dispoñible a partir deste xoves 1 de febreiro ás 12 da mañá dende a web do festival sonriasbaixas.info e a través de Enterticket.es. Os 500 primeiros compradores poderán obter as súas entradas por 45 euros máis gastos de xestión.

Así, durante as xornadas do  1, 2 e 3 de agosto, poderemos gozar desta selección de artistas:

Xoves 1
LA OREJA DE VAN GOGH • ÁLVARO DE LUNA • LA LA LOVE YOU • ANABEL LEE • MOROCHOS • SABELA • SEXY ZEBRAS

Venres 2
ROZALÉN • CHEF´SPECIAL • FILLAS DE CASSANDRA • TRAVIS BIRDS • COOL NENAS • GILIPOJAZZ • LA ÉLITE • MUERDO

Sábado 3
TANXUGUEIRAS • RAYDEN • GINEBRAS • THE RAPANTS • EMLAN • INÉS HERNAND • MONDRA • MR. KILOMBO


Recinto Multiusos da Estacada | © SonRías Baixas

Como adianto ao que será esta nova edición do SonRías Baixas, o festival confirma que manterá os seus xa característicos dous escenarios, evitando solapar concertos e buscando que todo o mundo poida gozar e coñecer todas as propostas musicais programadas.

Ademais, manteñen os prezos de venda de anteriores edicións, lanzando consigo unha promoción de precarga de pulseiras cashless polo cal se á hora de comprar o teu abono cargas a túa pulseira para consumir no festival, recibirás a maiores un 10% do cargado de balde.

Hora

Consultar (Sábado)

Localización

Recinto Multiusos da Estacada

Rúa Pazos Fontenla, 55 - 36930 Bueu

Está pasando!