Formación en competencias dixitais en Baiona

Formación en competencias dixitais en Baionacursos de capacitación informáticaDurante todo o ano (2025) Concello de Baiona - Baiona

Detalles do Evento

O Concello de Baiona en colaboración coa Xunta de Galicia e BigFormacion realizan un curso de capacitación informática para persoas desempregadas para a formación en competencias dixitais de maneira totalmente gratuíta e cun equipo informático tamén gratuíto para os alumnos que consigan superalo.

Celebraranse os cursos completos na aula informática do Mutiusos Ángel Bedriñana en horario de tarde de 15:00 a 20:00 horas e cada alumno recibirá un diploma en caso de superar o mesmo. Para anotarse, hai que acudir á oficina do SEPE, cubrir o formulario do código QR do cartel de curso ou entrando nesta ligazón.



Con este curso, desde o Concello de Baiona, queren formar aos veciños en competencias dixitais relacionadas con áreas pertencentes ao Marco galego de competencias dixitais dirixidas a persoas en situación laboral de desemprego.

A impartición da orientación está orientada á obtención dos correspondentes títulos ademais da adquisición de coñecementos dixitais tan demandados nos tempos actuais así como a mellora das capacidades dixitais para persoas desempregadas para impulsar o emprendemento e desenvolvemento rural.

As accións formativas divídense en tres niveles: Nivel Básico, Nivel Intermedio e Nivel Avanzado, cunha duración de 200 horas cada un e coa posibilidade de obter unha tablet gratuíta ao completar un nivel.

Comezarase cun Nivel Básico coa posibilidade de seguir cos seguintes módulos.

Hora

Durante todo o ano (2025)

Localización

Concello de Baiona

Está pasando!