‘Go Home’ | Etiqueta Negra

'Go Home' con Josito Porto e David Amor en Vigo

ven21nov21:00'Go Home' con Josito Porto e David Amor en Vigoespectáculo dirixido por Tito Asorey21:00 Teatro Afundación - Vigo

Detalles do Evento

‘Go Home’ conta a historia de Carlos, un fanático do turismo que xa fixo todo tipo de aventuras que as axencias de turismo lle podían ofrecer. Todas menos unha: unha viaxe sorpresa, a cegas, na que non sabe o que vai suceder.

A peripecia lévao a pasar a noite no Cebreiro, comezando unha aventura na que Carlos disfrutará de emocións intensas, tales como a dúbida, o medo e a sorpresa.

‘Go Home’ é o novo espectáculo dirixido por Tito Asorey, e está protagonizado por David Amor e Josito Porto en asociación con grandes da dramaturxia como José Prieto, José Faro, Laura Iturralde, Patricia Ferreira e Xavier Bértolo.

Trátase dunha comedia, comprometida coa realidade e cun elenco de luxo para tratar unha das temáticas máis de actualidade do momento: o turismo e a xerintrificación.

Esta peza teatral observa a realidade, así como as suás problemáticas asociadas a Galicia, na búsqueda dunha obra chea onde ten cabida a reflexión, a diversión e a investigación escénica.

Entradas anticipadas á venda desde 17,80 euros en Ataquilla.com

Hora

(Venres) 21:00

Localización

Teatro Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo

Está pasando!