Grupo de lactación para familias en Poio

Grupo de lactación para familias en PoioServizo de Atención Temperá de PoioDurante todo o ano (2026) Centro Social "Casa Rosada" - Poio

Detalles do Evento

O Servizo de Atención Temperá de Poio impulsa a creación dun Grupo de lactación dirixido a nais e pais que desexen acompañamento no seu proceso de alimentación dos seus bebés, xa sexa mediante lactación materna ou con biberón.

Este grupo nace co obxectivo de ofrecer un espazo de encontro no que as familias poidan compartir experiencias, resolver dúbidas e expresar inquedanzas con outras persoas que se atopan en situacións similares, favorecendo así o apoio mutuo.

As sesións desenvolveranse nun ambiente seguro, respectuoso e de confianza, no que as persoas participantes poderán sentirse escoitadas e acompañadas. Ademais, contarán coa orientación dunha fisioterapeuta do servizo, profesional con formación específica en lactación e especializada no acompañamento ás familias nesta etapa.

O grupo reunirase cunha periodicidade de tres semanas, facilitando así a continuidade no apoio e o seguimento das necesidades das familias participantes.

A primeira sesión terá lugar o 30 de abril na Casa Rosada, en horario de 16.30 a 18.30 horas.

Máis infomación e inscrición aquí.

Hora

Durante todo o ano (2026)

Localización

Centro Social "Casa Rosada"

Domingo Fontán, 4, 36163 Poio

Está pasando!