III Mostra Poética ‘Versos a dúas voces’ en Pontevedra

sáb14mar12:00III Mostra Poética ‘Versos a dúas voces’ en PontevedraDevellabella e Ateneo de Pontevedra12:00 Edificio Castelao. Museo de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Devellabella.com, coa colaboración do Ateneo de Pontevedra, organiza a Mostra Poética ‘Versos a dúas voces’, que terá lugar o sábado 14 de marzo ás 12:00 horas no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra, sumándose á celebración do Día Mundial da Poesía.

‘Versos a dúas voces’ é un encontro literario no que autoras e autores comparten escenario en parella para recitar, declamar ou poñer en escena un poema —propio ou creado para a ocasión— nun formato dinámico que favorece o diálogo poético e a complicidade artística.

A mostra está aberta a todas as persoas que desexen participar, sen límite de idade (animando especialmente ás maiores de 60 anos), sempre que os textos estean en galego ou portugués.

Cada intervención terá unha duración máxima de dous minutos. O acto contará tamén cunha actuación de música tradicional galega.

A entrada será libre ata completar aforo.

Durante a mostra realizarase unha reportaxe fotográfica e unha gravación en vídeo que serán difundidas posteriormente na canle de YouTube do blog e nun número especial da súa revista.

A iniciativa consolídase como un espazo de encontro interxeracional arredor da creación poética, reforzando desde Pontevedra a celebración do Día Mundial da Poesía.

Hora

(Sábado) 12:00

Localización

Edificio Castelao. Museo de Pontevedra

Rúa Padre Amoedo Carballo, 3. 36002 Pontevedra

Está pasando!