This is a repeating event

III Salón de Animais de Compañía de Galicia

ven24outConsultarIII Salón de Animais de Compañía de Galicia24, 25 e 26 de outubro de 2025(Consultar: venres) Recinto Feiral de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

A terceira edición do Salón de Animais de Compañía de Galicia celebrarase os días 24, 25 e 26 de outubro no Recinto Feiral de Pontevedra.

A programación inclúe exhibicións, concursos, expositores e información e venda de artigos, así como faladoiros e zona de xogos para crianzas. 

Un dos puntos centrais será a participación das protectoras. Poderanse visitar os stands das mesmas, tanto do concello de Pontevedra como do concello de Poio, co obxectivo de recoñecer o seu traballo e coñecer as diferentes formas nas que se pode colaborar.

No eido das actividades, a feira sumará “un puntiño máis” coa inclusión de competicións deportivas de agility, e incluso un concurso tipo ‘Got Talent’.

A apertura da feira será o venres 24 ás 18.00 e pechará ás 20.30 horas. O sábado e o domingo, o salón abrirá en horario de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.30 horas. A entrada é gratuíta.

Hora

Consultar (Venres)

Localización

Recinto Feiral de Pontevedra

Alexandre Bóveda, s/n. 36005 Pontevedra

Está pasando!