IM-PULSE. Pink Floyd Tribute en Vigo

sáb27xan21:30IM-PULSE. Pink Floyd Tribute en Vigoun espectáculo visual, musical e cheo de sensacións21:30 Teatro-Cine Salesianos - Vigo

Detalles do Evento

IM-PULSE representa co maior respecto, rigor e profesionalidade un espectáculo completo e intenso dos concertos do grupo Pink Floyd, o máis representativo do Rock Sinfónico e progresivo de todos os tempos.

Este proxecto para concertos de gran formato, ofrece unha explosión músical e visual para compartilo non só co público coñecedor do legado da banda británica, senón tamén para dalo a coñecer a novas xeracións e a todos aqueles que desexen redescubrir este gran espectáculo.

Durante máis de dúas horas IM-PULSE interpreta un repertorio de temas exclusivos e orixinais do grupo Pink Floyd nun espectáculo visual, músical e cheo de sensacións baseados sobre todo no icónico directo P•U•L•S•E.

Entradas anticipadas á venda dende 22 euros en Ataquilla.com


Hora

(Sábado) 21:30

Localización

Teatro-Cine Salesianos

Rúa de Venezuela, 3, 36203 Vigo

Está pasando!